EGPA  | Escritorio Galego-Portugués Antigo

  • INICIO

  • EQUIPO

  • LIÑAS DE TRABALLO

  • OBXECTIVOS E METODOLOXÍA

  • CORPUS

  • RESULTADOS

  • RECURSOS

  • CONTACTO

  • More

    egpa@gmail.com

    © 2015 COTAGAL

    Outro aspecto salientábel da metodoloxía empregada polo COTAGAL, neste caso partillada coa do TMILG, é o emprego dunha etiquetaxe referencial (DTD) renovada e bastante pormenorizada, que abrangue tanto a identificación do conxunto da obra como a de cada unha das súas pezas textuais (por exemplo, nas coleccións documentais). Velaí a estrutura principal desta nova DTD:

     

    Encabezamento xeral:

    • Información da versión electrónica do texto: título por extenso e abreviado, versión (1ª, 2ª, 3ª etc.), extensión do arquivo (nº de palabras e caracteres).

    • Descrición bibliográfica: autoría (autor(es) e/ou editor(es)), título orixinal, datos da publi-cación.

    • Revisión do procesamento do texto: 1º asentamento/corrección (preparación do propio texto e etiquetaxe), 2º asentamento/corrección (marcaxe onomástica, locutiva, segmenta-ción gráfica etc.).

     

    Encabezamento individual:

    • Localización da unidade textual na obra (sección/capítulo, páxinas).

    • Datación crónica: século e ano (os códigos 1 e 2 aluden á transmisión textual básica: copia e orixinal, respectivamente), era (hispánica, cristía ou outras datacións: períodos correspondentes a papados, reinados etc.), día da semana e quotum (calendario moderno [día do mes, mes e forma literal] e calendario romano).

    • Datación tópica: circunscrición notarial (de todos os calígrafos implicados na confección do texto: notario(s), escribán, notario substituto etc.), con indicación do referente xeográfico administrativo, o referente medieval (forma literal e estandarizada) e a referencia moderna (forma actual, tipoloxía referencial, freguesía, concello e provincia); lugar de redacción do documento.

    • Autoría, isto é o(s) scriptore(s) implicados na conscriptio do documento: nome, coa indicación de todas as denominacións presentes no texto (forma extensa ou abreviada, literal; forma estandarizada, a partir da forma abreviada; lingua na que se redactou), signum notarial (gráfico e/ou verbal), condición (notario substituto, encomendante, escribán etc.).

    • Tipoloxía documental: natureza xurídica (texto dispositivo ou non dispositivo), tipoloxía xeral (prosa notarial, prosa non notarial e verso), tipoloxía específica e subcategoría tipolóxica[2] (con indicación da fórmula antiga literal, a fórmula de acción xurídica e a forma moderna estandarizada).

    • Participantes: concedente, representante (do concedente), concesionario ou destinatario. Para cada unha das figuras xurídicas implicadas na actio documental indícase, entre outras referencias, a súa natureza (particular, institucional), condición (eclesiástica, civil, real), nome e profesión.

    • Lingua: indícase a lingua na que está escrito o orixinal e, de ser o caso, a copia. A posibilidade de documentos lingüisticamente híbridos contémplase mediante a com-binación das códigos correspondentes a cada unha das linguas coexistentes, sempre na orde que corresponda á importancia de cada idioma concreto dentro do documento.

    • Aspectos editoriais, codicolóxicos e paleográficos: transmisión textual (orixinal, copia, traslado, rexesto, tradución, falsificación etc.), mecanismos de autentificación (na documentación dispositiva: signum, sigillum, quirógrafos etc.), rexestos (antigo, medieval e/ou moderno, e actual, do editor; nos dous casos procúrase o contido, o autor e a data), información arquivística (arquivo, fondo ou sección, cartafol,  número, foliación etc.), información codicolóxica (soporte: pergameo, papel; tipo de letra, dimensións do soporte, estado de conservación etc.), edicións actuais dispoñíbeis (inclúese tanto a referencia bibliográfica como o tipo de edición: interpretativa, paleográfica, semidiplomática etc., e a súa rendibilidade como fonte de estudo: histórica, filolóxica, paleográfica etc.); por último, indicación, se procede, doutras versións do texto (copias, traslados etc., coa información arquivística e codicolóxica pertinente).

    ETIQUETAXE REFERENCIAL (DTD)