EGPA  | Escritorio Galego-Portugués Antigo

  • INICIO

  • EQUIPO

  • LIÑAS DE TRABALLO

  • OBXECTIVOS E METODOLOXÍA

  • CORPUS

  • RESULTADOS

  • RECURSOS

  • CONTACTO

  • More

    egpa@gmail.com

    © 2015 COTAGAL

    O Corpus de Textos Antigos de Galiza é un dos proxectos integrados no Tesouro Medieval Galego-Portugués, do Instituto da Lingua Galega (USC), nomeadamente na sección textual correspondente a Galiza (Biblioteca Dixital da Galiza Medieval - BGM), e dentro dela contén as obras e coleccións editadas polo equipo de investigación. O actual equipo do COTAGAL herda os obxectivos sostidos nos últimos dez anos pola anterior versión do proxecto, denominado Transcrición paleográfica de obras medievais, mais con novos materiais de traballo e cunha metodoloxía renovada e axeitada aos novos tempos e ás novas ferramentas informáticas dispoñíbeis.

    Documento de Sto. Estevo de Chouzán

    Documento de Sto. Estevo de Chouzán

    (1289)

    Documento de Sto. Estevo de Chouzán

    Documento de Sto. Estevo de Chouzán

    (1289)

    Historia troiana galego-castelá

    Historia troiana galego-castelá

    (ca. 1365-1373)

    1/17

    Os labores de transcrición esténdense ininterrompidamente desde 2004 até a actualidade e mesmo se abriu na rede unha páxina de acceso aos materiais de edición allea da BGM. O acceso a estes córpora en formato de base de datos –como concordancias, non á íntegra– é posíbel para os textos galegos a través de dous recursos accesibles na rede: (a) para os escritos en galego, o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG), corpus que está en liña desde 2004; (b) para o conxunto, incluíndo tamén os escritos en latín, castelán e outras linguas, o Xelmírez, igualmente en liña desde 2009. Desde 2013 o equipo do COTAGAL tamén colabora coa Rede Internacional CHARTA.

    EGPA
     
    Escritorio
    Galego-Portugués
    Antigo